Servizos da Biblioteca

A Biblioteca Xeral do Ministerio de Industria e Turismo ofrece unha ampla gama de servizos, tanto presenciais como en liña, orientados a facilitar o acceso á información e a apoiar o traballo técnico, documental e de investigación do persoal do Departamento e dos seus usuarios externos:

  • Préstamo persoal. O período de préstamo é de 30 días, prorrogable por outros 15, sempre que non exista unha reserva previa do documento por parte doutro usuario. Servizo dispoñible para o persoal do Complexo Cuzco.
  • Préstamo interbibliotecario. Permite acceder a documentos dispoñibles noutras bibliotecas, nacionais ou internacionais. O préstamo queda suxeito ás condicións que determine a biblioteca subministradora.
  • Colección especializada en libre acceso. Situada na sala de consulta, esta colección de acceso libre reúne monografías e revistas especializadas nas áreas competencia do Ministerio.
  • Consulta en la sala. La sala de lectura dispone de doce puestos de consulta, acceso a internet mediante conexión wifi, e dous computadores de uso público. Os usuarios poden utilizar tamén os seus propios dispositivos electrónicos (computadores portátiles, tabletas, smartphones, etc.).
  • Acceso a revistas, bases de datos e bibliotecas dixitais subscritas. A Biblioteca subscribe un amplo número de revistas especializadas, tanto en papel como en liña, así como a bases de datos e bibliotecas dixitais. que cobren as principais áreas de actividade do Ministerio. Servizo dispoñible para o persoal do Complexo Cuzco.
  • Catálogo bibliográfico en liña. O catálogo en liña proporciona acceso ao conxunto de fondos da Biblioteca. Permite procuras por múltiples campos (autor, título, materia, data de publicación, entre outros) e a ordenación dos resultados segundo diferentes criterios (tipo de documento, data, etc.). Consulte a Táboa de signaturas da Biblioteca.
  • Boletíns informativos.
    • Boletín de novidades bibliográficas: recolle as publicacións incorporadas á colección no tres últimos meses, incluíndo libros, revistas e artigos seleccionados pola súa relevancia.
    • Boletín de sumarios de revistas: ofrece a relación de revistas en papel recibidas no mesmo período, acompañadas dos seus sumarios.
    Os interesados poden subscribirse ao Servizo de Alerta para recibir por correo electrónico a notificación de novos boletíns.
  • Revista da Biblioteca. Publicación semestral con información sobre noticias bibliotecarias, entrevistas, reseñas de publicacións e recursos de información e recomendacións de lectura. Os interesados poden Subscribirse para recibir notificacións de novos números.
  • Información bibliográfica. A Biblioteca ofrece asistencia personalizada, presencial ou remota (correo electrónico ou teléfono), para a localización de información sobre temas específicos. Consúltanse tanto recursos propios como fontes externas co fin de proporcionar referencias completas e pertinentes.
  • Suxestións de adquisición. Os usuarios poden propor a compra de novos libros ou a subscrición a revistas mediante o envío dunha solicitude ao correo electrónico á Biblioteca.
  • Conectividade. A Biblioteca dispón de servizo de conexión wifi para facilitar o acceso a internet desde os equipos dispoñibles na sala de lectura ou desde dispositivos persoais.
Carta de servizos (versión tríptico)

Boletíns de novidades e sumarios da Biblioteca, de carácter trimestral. Recollen as incorporacións recentes ao fondo e están dispoñibles para a súa consulta en liña.