Info DANA

PLAN REINICIA+ AUTO

Axudas para a adquisición de vehículos

A quen vai dirixido?

Cidadáns que perdesen o seu vehículo como consecuencia da DANA. As axudas son para turismos, furgonetas ou camións lixeiros e motos.

Cal é a dotación do Plan Reinicia+ Auto?
Dotación de 465 millóns de euros, con axudas que van ata os 10.000 euros por vehículo.
Que cantidades hai destinadas?

As axudas concecidas axustaranse á seguinte clasificación:

  • Vehículos novos con etiqueta CERO: 10.000 euros.
  • Vehículos novos con etiqueta ECO ou C: 5.000 euros.
  • Vehículos de segunda man con etiqueta CERO: 4.000 euros.
  • Vehículos de segunda man con etiqueta ECO ou C: 2.000 euros.
  • Os vehículos para persoas con mobilidade reducida terán unha axuda extra de 1.000 euros máis e 500 euros nas motos de tres rodas.
  • As axudas ás motos vrían entre os 2.000 euros e os 500 euros segundo sexan novas ou de segunda man e a súa cualificación ecolóxica.
Solicitudes

As solicitudes de axuda realizaranse no punto de venda adherido ao Plan.

O prazo de solicitude é ata o 30 de xuño de 2025.

PLAN REINICIA+

Medidas dirixidas a facilitar o acceso das empresas das áreas afectadas pola DANA a fondos e financiamento, con procedementos áxiles e condicións moi favorables, de forma que poidan afrontar a renovación de maquinaria, equipos e instalacións.

A quen vai dirixido?

Empresas

Cal é a dotación do Plan Reinicia+?
Dotación inicial de 1.200 millóns de euros.

Liñas de actuación:

Mecanismo de Financiamento DANA Peme dentro do Fondo de Emprendimiento e da Pequena e Mediana Empresa de ENISA (FEPYME)
  • DESTINATARIOS: Pequenas e medianas empresas afectadas pola DANA.
  • OBXECTIVO: Financiar investimentos en activo fixo.
  • CONTÍA: 350 millóns de euros (50 millóns de subvención e 300 millóns de préstamos).
  • QUEN O XESTIONA: ENISA.
Fondo de Apoio ao Investimento Industrial Produtiva (FAIIP)
  • DESTINATARIOS: Empresas industriais das zonas afectadas ou novos proxectos de investimento industrial en zonas afectadas pola DANA.
  • OBXECTIVO: estimular o investimento produtivo e promover a creación de emprego.
  • CONTÍA: Dotación de 650 millóns de euros, en préstamos máximo 10 anos ao 0% e 3 anos de carencia.
  • QUEN O XESTIONA: SEPIDES
Liña de Financiamento ICO-Turismo FOCIT
  • DESTINATARIOS: Empresas do sector turístico.
  • OBXECTIVO: Reactivación da actividade e impulso da modernización, competitividade e resiliencia do sector nas zonas afectadas.
  • CONTÍA: Dotación de 200 millóns de euros, en préstamos a tipo cero.
  • QUEN O XESTIONA: ICO
Outras medidas

Plan Reinicia +

  • Medidas dirixidas a facilitar o acceso das empresas das áreas afectadas pola DANA a fondos e financiamento, con procedementos áxiles e condicións moi favorables, de forma que poidan afrontar a renovación de maquinaria, equipos e instalacións.
  • Cunha dotación inicial de 1.200 millóns de euros
  • Contempla varias liñas de actuación

Mecanismo de Financiamento DANA Peme dentro do Fondo de Emprendimiento e da Pequena e Mediana Empresa de ENISA (FEPYME)

  • Orzamento inicial: 350 millóns de euros (50 millóns de subvención e 300 millóns de préstamos).
  • Destinatarios: pequenas e medianas empresas afectadas pola DANA.
  • Características: financiamento non reembolsable para empresas en territorios damnificados.

Fondo de Apoio ao Investimento Industrial Produtiva (FAIIP)

  • 650 millóns de euros para préstamos a interese cero para proxectos de investimento industrial en zonas afectadas pola DANA, co obxectivo de estimular o investimento produtivo e promover a creación de emprego.

Liña de Financiamento ICO-Turismo FOCIT:

  • 200 millóns de euros destinados a empresas do sector turístico.
  • Serán préstamos a interese cero para reactivación e modernización do sector turístico nas zonas afectadas.

Liña Extraordinaria para Capacidades Dixitais

  • Axudas para a recuperación e mellora das capacidades dixitais de empresas turísticas afectadas.
  • Obxectivo: facilitar a actualización tecnolóxica e fortalecer a competitividade do sector turístico afectado as inundacións.

Plan Reinicia Auto +

  • Destínanse 465 millóns de euros para a compra de vehículos por parte dos cidadáns que perdesen o seu como consecuencia da DANA con axudas directas de ata 10.000 euros que non terán que devolver en ningún caso.
  • Súmanse ás indemnizacións do Consorcio de Compensación de Seguros.

Dúas seccións:

  • Sección ‘Cero’, destinada á adquisición de vehículos con etiqueta 0.
  • Sección ‘Eco/C’, para vehículos co distintivos ECO e C.

Características do plan:

  • Para vehículos novos, adquiridos e matriculados en España a partir do 30 de outubro de 2024 (inclusive).
  • Para vehículos seminuevos que previamente sexan de titularidade dun concesionario e matriculados en España con data posterior ao 30 de outubro de 2021.

As axudas son para turismos, furgonetas ou camións lixeiros e motos.

As solicitudes de axuda realizaranse no punto de venda adherido ao Plan.

O prazo de solicitude é ata o 30 de xuño de 2025.

Outras medidas

Ligazóns de interese

Moncloa

La Moncloa: Info DANA

Normativa

  • Real Decreto-ley 6/2024, de 5 de noviembre, por el que se adoptan medidas urgentes de respuesta ante los daños causados por la Depresión Aislada en Niveles Altos (DANA) en diferentes municipios entre el 28 de octubre y el 4 de noviembre de 2024.
  • Real Decreto-ley 7/2024, de 11 de noviembre [.pdf] [865,35 KB], por el que se adoptan medidas urgentes para el impulso del Plan de respuesta inmediata, reconstrucción y relanzamiento frente a los daños causados por la Depresión Aislada en Niveles Altos (DANA) en diferentes municipios entre el 28 de octubre y el 4 de noviembre de 2024.