- Turismo
- 18/09/2024
España recibiu en agosto 11,1 millóns de viaxeiros aéreos internacionais, un 9,6 % máis que no mesmo mes de 2023
Datos de Turespaña
Entre xaneiro e agosto, España recibiu 71,2 millóns de pasaxeiros internacionais, un incremento do +11,9 % respecto de 2023. A maior subida rexistrouna
a Comunidade Valenciana cun aumento do 13,1 %; as menores, as Canarias, cun 9,8 %, e as Baleares, cun 6 %. Estes datos mostran unha tendencia sostida cara a unha maior diversificación de destinos.
Mención especial merece o notable crecemento -un mes máis- de Polonia, un 39,6 %, dos Estados Unidos, cun 16,2 % de aumento, e do ‘resto de países’, cunha subida do 12,1 %.
Na diversificación de mercados destaca o bo comportamento da maioría dos países Iberoamericanos, do Canadá, a China e os países do Golfo Pérsico.
O mes de agosto mantivo a tendencia positiva da primeira metade do ano e o número de pasaxeiros aéreos internacionais que chegaron a España achegouse aos 11,1 millóns (un 9,6% máis respecto ao mesmo mes do pasado ano), segundo os datos publicados hoxe por Turespaña.
Destes 11,1 millóns, o 56,6% proveu de dentro da Unión Europea, experimentando un ascenso do 9,3%, mentres que o fluxo procedente do resto do mundo, que supuxo o 43,4% restante, tivo unha subida do 9,9%. No acumulado dos 8 primeiros meses do ano, España recibiu 71,2 millóns de pasaxeiros internacionais, un 11,9% máis que no mesmo período de 2023.
Como vén ocorrendo nos meses que levamos de 2024, en agosto continúa a tendencia alcista en todos os mercados, e aumentaron os pasaxeiros emitidos cara a España desde os principais países emisores en relación ás cifras do mesmo mes do 2023. Mención especial merece o crecemento -un mes máis- de Polonia, do 39,6%, de Estados Unidos, cun 16,2% de aumento, e do ‘resto de países’, cunha subida do 12,1%. Na diversificación de mercados destaca o bo comportamento da maioría dos países Iberoamericanos, de Canadá, China e países do Golfo Pérsico.
Reino Unido, con 2,6 millóns de pasaxeiros internacionais, xerou o 236% do total do fluxo de chegadas a España en agosto, rexistrando un avance interanual do 8,1%. Baleares e Canarias foron os principais receptores acaparando o 49% do total de pasaxeiros de orixe británica. Ademais, este mes despuntaron os incrementos interanuais da C. Valenciana, Cataluña e o País Vasco, con taxas superiores ao 10% en agosto. O 80,3% dos pasaxeiros británicos viaxaron nunha compañía de baixo custo, sendo Reino Unido o líder en chegadas nestas compañías, achegando o 30,9% do total.
Pola súa banda, a chegada de pasaxeiros desde Alemaña situouse en agosto en 1,5 millóns (13,8% do total), aumentando un 7% respecto de agosto de 2023. Os viaxeiros alemáns dirixíronse principalmente a Baleares (un 47,2%). Como dato salientable e como é unha tendencia habitual neste mercado, o 46,9% dos pasaxeiros alemáns viaxaron en compañías tradicionais, sendo o mercado que lidera as chegadas nestas compañías (16,8% do total).
Desde Italia chegou o 10,2% do fluxo de pasaxeiros recibidos en agosto (algo máis dun millón de viaxeiros) rexistrando un crecemento interanual do 13,1%, que beneficiou especialmente a Cataluña e a Comunidade de Madrid (en conxunto ambas recibiron o 51,5% dos viaxeiros). O resto de principais comunidades recibiron máis pasaxeiros italianos que hai un ano, excepto Cantabria. Entre os viaxeiros italianos prevaleceu a elección das compañías de baixo custo (80%) por encima das tradicionais.
Francia, pola súa banda, emitiu o 7,5% do total de pasaxeiros en agosto (834.810 viaxeiros), mostrando unha expansión do 8,2% que favoreceu especialmente a Cataluña e Baleares, que aglutinaron máis do 46,2% das chegadas do país veciño. O 73,8% dos pasaxeiros franceses recorreron a unha CBC nos seus voos, experimentando un crecemento interanual do 8,5%.
Por último, desde Países Baixos chegaron o 4,3% do total de viaxeiros. Este mercado experimentou un crecemento de 4,2% en agosto e tivo como principal destino Cataluña, Comunidade Valenciana e Baleares, que entre o tres sumaron case o 58% das chegadas. O resto de comunidades, excepto o País Vasco, incrementaron a recepción de pasaxeiros, destacando Galicia, Asturias e Madrid con taxas interanuais superiores ao 15%. A gran maioría de viaxeiros desde Países Baixos (70,4%) tamén optaron polas compañías de baixo custo para realizar os seus voos, o que supón unha expansión do 2,7%.
Comunidades Autónomas de destino
O seis principais comunidades receptoras acapararon unha cota de chegada do 96,9% e todas experimentaron aumentos no oitavo mes do ano. A maior subida rexistrouna Comunidade Valenciana cun aumento interanual do 13,1% e as menores, Canarias cun 9,8%, e Baleares, cun 6%. Estes datos, como xa sucedeu en xullo, mostran unha tendencia sostida cara a unha maior diversificación dos destinos dos viaxeiros.
O aeroporto de Adolfo Suárez Madrid-Barallas é o que máis chegadas recibiu en agosto, con 2,25 millóns, seguido do de Barcelona, con 2,01 millóns, e o de Palma, con 1,79 millóns. O maior incremento interanual, como xa aconteceu en xullo, deuse no aeroporto de Alacante, cun 16,2% respecto dos datos de agosto do 2023.
Para máis información pódese consultar o informe en esta ligazón.